← Volver atrás

Álvarez Gómez, Raúl

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Encarcerado. Executado. Sancionado

Nacemento:

Vigo
(Pontevedra)
- 01/01/1914 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Xixón
(Principado de Asturias)
- 16/02/1938 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Carpinteiro e político, 22 anos. Veciño de Vigo.

Durante a II República militou no PCE.

Encarcerado. Executado. Sancionado.

Cando se produce o golpe militar detivérono en Vigo.

No momento do chamamento da súa quinta mobilizouno o exército sublevado, ingresárono no Rexemento de Infantería Mérida nº 35 e destacárono á fronte asturiana.

Desertou e pasouse as liñas republicanas, combatendo no 213º Batallón, 3ª Brigada Mixta, 1ª División do III Corpo de Exército de Asturias, nas frontes de Biscaia e do Principado de Asturias.

Capturado polas tropas rebeldes despois da derrota republicana no norte.

Xulgado en consello de guerra en Xixón, o día 17/01/1938, polo delito de rebelión militar co resultado de sentenza á pena de morte.

Executado en Xixón.

En xaneiro de 1941 o Tribunal Rexional de Responsabilidades Políticas da Coruña condenouno a unha multa de 100 pesetas.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha