Nacemento:
Morte:
Carpinteiro, político e sindicalista, 36 anos. Casado con Nicolasa Portela Álvarez, Nicolasa das Faras, natural de Camposancos; tiveron dous fillos. Veciños da rúa Muro, 17, na Guarda. Vixiante de arbitrios desde marzo de 1936.
Nemesio pertenceu a Agrupación Republicana (AR) da Guarda e foi directivo en 1932 da Federación Local Obreira (FLO) da mesma localidade, vencellada á CNT. Logo ingresou no Partido Galeguista (PG).
Detido na folga xeral do ano 1933 e encarcerado na folga xeral revolucionaria de outubro de 1934, acusado de atentar contra varias empresas e a igrexa parroquial.
Fuxido. Paseado.
Despois de que se producira o golpe dos militares rebeldes participou na requisa de armas e formou parte das milicias armadas contra dos golpistas na Guarda. Desde o 27 de xullo agochouse no cabanón da súa casa materna, en Camposancos.
Xulgado en consello de guerra en Pontevedra polo delito de rebelión militar co resultado de ser declarado fuxido e en rebeldía.
Un veciño da casa dos seus pais, Marcelino Portela, o Murgas, delatouno e a Nemesio prendérono os falanxistas no seu agocho da casa familiar, paseárono e cribárono a balazos.
O Murgas non tardou en morrer de cancro.
A súa muller Nicolasa e o seu fillo Serafín emigraron a Brasil.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.