Nacemento:
Morte:
Avogado e político, 52 anos. En 1926 casou con María Díaz Domínguez; tiveron un fillo e unha filla: Ramón e María del Carmen. Veciños de Ares (A Coruña). Era fillo de Ramón Álvarez González. Fiscal municipal de Pontedeume en 1910 e secretario do Concello de Ares desde xullo de 1925.
Participou nos movementos agraristas nos anos dez. Na II República militou en Esquerda Republicana (ER).
Paseado. Sancionado.
Prendérono os fascistas despois do golpe militar rebelde.
Morte rexistrada en Pontedeume, o día 10/08/1936, a causa de feridas producidas por balas.
Os paseados ese día en Pontedeume foron: José Allegue del Río, médico; Rodrigo Álvarez Pardo, avogado; José López Lourido, político, e Leonardo Martínez Novo, mestre.
Soterrárono no cemiterio de Pontedeume.
Logo da súa morte incoáronlle un expediente de responsabilidades políticas, polo que o castigaron con 200 pesetas de multa.
O día 07/03/1948 a guerrilla axustizou ao falanxista José-Manuel Otero Castro, ao que acusaron de ser o responsable da detención e paseo de Rodrigo Álvarez.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.