← Volver atrás

Álvarez Prendes, Luis

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Encarcerado. Morte na cadea

Nacemento:

Xixón
(Principado de Asturias)
- 27/10/1904 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Celanova
(Ourense)
- 12/02/1941 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Carpinteiro, 31 anos. Solteiro. Veciño de Xixón.

Militante do PCE de Xixón desde 1931. Membro do Socorro Rojo Internacional (SRI). Formou parte do comité directivo do Hospital de Granda, Siero (Principado de Asturias).

Encarcerado. Morte na cadea.

En setembro de 1937 nomeárono responsable de finanzas do Comité Provincial do PCE.

Durante a guerra civil estivo na Plana Maior do Rexemento de Transmisións e Enlaces republicano no Principado de Asturias.

Prendérono os franquistas cando tentaba deixar o Principado de Asturias no vapor Gaviota e internárono no campo de concentración de Camposancos, A Guarda (Pontevedra).

Xulgado en consello de guerra, o día 23/07/1938, en Camposancos, co resultado de sentenza a cadea perpetua.

Interno na Prisión Central de Celanova, onde se rexistra a súa morte por mor dunha tuberculose pulmonar. Chegou á cadea de Celanova procedente de Camposancos.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha