← Volver atrás

Amado Lago, Enrique

Alcume: Ferrenchín
Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Paseado

Nacemento:

Ferrol
(A Coruña)
- 01/01/1914 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Ferrol
- 16/09/1936 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Electricista, 22 anos. Veciño de Ferrol.

Militante da CNT.

Paseado.

Mobilizado como artilleiro da Armada destinárono ao Castelo de San Felipe, en Ferrol, onde con outro grupo de soldados pretendían desarmar a oficialidade. Delatounos un compañeiro e detivéronos o día 17/08/1936, o mesmo día que pretendían alzarse.

Procesado en Ferrol por insulto a un superior e desobediencia na causa 57/36 e por traizón na causa 616/36.

Despois de estar procesado nunha causa militar en Ferrol, morre.

No propio expediente consta un parte, que informa deste suceso na prisión do Cuartel de Artillería de Ferrol, o día 17/09/1936 e por un suposto ataque de miocardite.

Sen embargo no Rexistro Civil consta a súa morte por mor de feridas de arma de fogo e, ao mesmo tempo, consta nos rexistros policiais como morto a mans da forza pública franquista.

Trátase dun paseo, adiantándose ao resultado do procesamento.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha