← Volver atrás

Amil Mosquera, Lucas

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Exiliado. Encarcerado

Nacemento:

Apeadeiro, San Salvador de Cecebre, Cambre
(A Coruña)
- 05/07/1909 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

México DF
(México)
- 26/12/2004 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Militar e político, 27 anos. Auxiliar naval da Armada. Entrou como aprendiz de mariñeiro en 1926 e en 1934 era cabo.

Membro da Agrupación Socialista (AS) de Ferrol (A Coruña) desde 1931 e da UXT.

Exiliado. Encarcerado.

Cando se produce o golpe rebelde pertencía á dotación do cruceiro lixeiro Libertad, que tiña a súa estadía na Base Naval de Cartagena (Murcia). Secretario do Comité Central da frota republicana.

Estivo destinado, despois, nunha das catro lanchas torpedeiras que estiveron ao servizo da República como oficial primeiro; en novembro de 1937 promovérono a auxiliar alumno naval.

Ao remate da guerra civil, o día 05/02/1939, pasa a Francia e internárono no campo de concentración de Argelès-sur-Mer (Pireneos Orientais, Occitania, Francia).

O día 13/07/1939 embarcou agochado no Mexique rumbo a Veracruz (México), onde chegou o día 27 dese mesmo mes. En México DF traballou nunha fábrica de tecidos.

Non volveu visitar España ata 1955; sometérono a estreita vixilancia policial.

Casou en México e acadou a nacionalidade daquel país.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha