← Volver atrás

Amor Sánchez, Cipriano

Alcume: Sagastiña
Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Paseado

Nacemento:

Betanzos
(A Coruña)
- 01/01/1907 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Betanzos
- 23/09/1936 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Empregado municipal, 29 anos. Casado; tiñan tres fillos. Veciño da rúa Orillamar, na Coruña. Varredor no servizo de limpeza pública do Concello da Coruña.

Paseado. Depurado.

Un día sen determinar de 1936 recibe unha citación para que se presente no cuartel da Garda Civil, faino o día 23/09/1936 e, ese mesmo día consta como desaparecido.

Un oficial da Garda Civil, amigo da infancia, confirmoulle á súa dona que o pasearan.

Destituírono do seu posto de traballo e non se lle puido comunicar a providencia de
destitución porque: "Se halla en ignorado paradero según averiguaciones practicadas por un ujier municipal".

Segundo informes verbais familiares sería paseado na zona de Aranga e, con posterioridade, soterrado nunha fosa común, con outras doce persoas, no cemiterio de San Lourenzo de Vilarraso, parroquia do concello de Aranga. Información tamén do proxecto de investigación interuniversitario As Vítimas, Os Nomes, As Voces.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha