Nacemento:
Morte:
Filla de Benigno Andrade García, Foucellas.
Vítima colateral.
Reencontrouse co seu pai, aos catro anos, cando volvía á casa despois de pasar a tarde xogando na rúa. "Mi madre [María Pérez Mellid] me dijo que podía quedarme un poco más y aquello me pareció rarísimo porque no le gustaba que estuviéramos fuera mucho tiempo". Alertada polo cambio de humor da nai, Josefa entrou na casa mentres a nai saía a buscar auga. "Cuando vi a un soldado tendido en la cama de mi madre me eché a llorar y empecé a decirle que se lo iba a contar todo a mi padre", conta.
O soldado non era outro que Foucellas disfrazado, pero nin el nin a súa muller conseguiron convencer á nena de que a súa nai non era unha adúltera ata que unha veciña mediou e advertiuna do perigo que correría o guerrilleiro se alguén o delataba. "Desde entonces, empezamos a ir al monte a verlo, pero nunca dije dónde estaba", relata.
María Pérez Mellid caeu antes que o seu home por tenencia de propaganda comunista e encarcerárona preto dun año. Logo, desterrárona a Tordesillas (Valladolid); os seus fillos tiveron que repartirse en casas de familiares. Foi así, cos seus parentes, como recibiu a noticia da detención de Foucellas, o 9 de marzo de 1952, e a visita da Policía Armada que a levou ao cárcere da Coruña para despedirse do pai. “Cuando llegamos, había dos oficiales del Ejército, un sacerdote y un notario y mi padre nos dijo: Estad tranquilos, hoy me van a ejecutar. Teníamos 16 y 13 años y nos echamos a llorar", recorda Pepiña.
Pepiña marchou para Alacante en 1957. Con 12 anos, xa orfa de nai e coa súa tía no cárcere por atopárselle unha carta de Foucellas, visitou ao Gobernador Civil da Coruña, Rafael Hierro Martínez, para suplicarlle, chorando, que os deixasen en paz. “Nunca olvidaré lo cariñoso que fué”.
Pepiña perdeu ao ano seguinte a súa avoa e exiliouse a París, onde sufriu unha forte depresión como consecuencia de unha infancia de soidade e sufrimento.
“Soy de la misma ideología que mi padre, pero no juzgo a la gente por sus ideas. El rencor es más un sentimiento de la derecha que de la izquierda” di. É das que defende a causa de Garzón contra os crimes do franquismo: “Los que se oponen o no son seres humanos o tienen miedo de lo que hicieron”.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.