← Volver atrás

Andújar Méndez, Ventura

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Encarcerado. Exiliado

Nacemento:

Tufións, Santiago de Cereixo, Vimianzo
(A Coruña)
- 25/05/1906 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

República Arxentina
- 24/02/1970 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Chofer e político, 30 anos. Casado con María Varela Méndez; tiveron catro fillos varóns: José, Luis, Manuel e Fito. Veciños de Tufións. Tiña camión propio e adicábase ao transporte de alimentos e mercadorías.

Membro do Sindicato de Oficios Varios da Ponte do Porto, Camariñas (A Coruña), da UXT.

Encarcerado. Exiliado.

Nos primeiros días do movemento sedicioso, do 18 ao 25 de xullo de 1936, puxo o seu camión ao servizo da defensa da República e participou na requisa de automóbiles. Tamén participou no “asalto” ao castelo de Vimianzo.

Despois do triunfo do golpe militar detivérono e acusárono de rebelión militar polos sucesos de xullo na Ponte do Porto e Vimianzo. Ingresárono na prisión de Corcubión (A Coruña) e, o día 11/01/1937, trasladárono á Prisión Provincial da Coruña.

Xulgado en consello de guerra na Coruña, o día 24/02/1937, polo delito de rebelión co resultado de sentenza a cadea perpetua, coas accesorias de interdición civil e inhabilitación absoluta.

O fiscal era Hernán Martín-Barbadillo Pául, que o cualificou de elemento perigoso e de mala conduta; pediu para el a pena de morte.

O día 13/06/1937 trasladárono da Prisión Provincial da Coruña ao penal do Forte de San Cristóbal, Pamplona (Navarra), onde entra o día 14. Non participou no intento de fuga masiva deste penal e convenceu a moitos outros de que non o tentaran.

Pena ordinaria conmutada na comisión de exame de penas da Coruña.

Sae en liberdade condicional o día 01/06/1941.

Logrou saír de España ao embarcar en Vigo (Pontevedra), no vapor Salta, para chegar á Arxentina o día 28/04/1950. No ano 1955 residía alí coa súa muller e os tres fillos maiores; Fito morrera.

Nunca volveu a España e finou na República Arxentina.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha