← Volver atrás

Ansareo Grandas, Ángel

Alcume: A. Ribas
Perfil histórico: Guerrilleiro

Datos persoais

Situación: Fuxido. Encarcerado. Exiliado

Nacemento:

Penouta, San Martiño de Berselos, Baralla
(Lugo)
- 01/01/1912 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

México DF
(México)
- 17/02/1985 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Practicante, 24 anos. Solteiro. Veciño de Madrid. Practicante no Hospital da Facultade de San Carlos, en Madrid.

Afiliado ao PC madrileño en 1931 e membro da Xunta Directiva da UXT en 1935.

Estando no servizo militar castigárono polo seu apoio aos mineiros asturianos no decurso da folga xeral revolucionaria de outubro de 1934.

Fuxido. Encarcerado. Exiliado.

Cando se produce o movemento golpista participou cos republicanos no asalto ao Cuartel da Montaña madrileño e loitou como miliciano na serra do Guadarrama, Teruel e Cataluña. Foi presidente da Fronte Popular (FP) no Hospital Clínico de Madrid e comisario de Sanidade na 46ª División en Tderuel e Cataluña.

Ao remate da guerra civil exiliouse en Francia e internárono no campo de Argelès-sur-Mer. Entregárono aos dez meses aos franquistas e estivo preso en Reus (Tarragona). Foxe cara a zona norte e volvérono prender o día 05/05/1940, ingresárono na Prisión Provincial de Lugo e, co tempo, trasladárono a Madrid ao cárcere de Torrijos.

Xulgado en consello de guerra en Madrid e condenado á pena de morte; anularon o dito procedemento. Nun segundo xuízo condenárono a cadea perpetua, rebaixada, co tempo, a doce anos.

Puxérono en liberdade condicional o día 22/01/1943 e marchou a vivir a Lugo, onde entra en contacto coa Federación de Guerrillas de León-Galicia (FG). Nomeárono xefe das guerrillas pasivas e organizou 22 grupos guerrilleiros de perfil baixo de dez homes cada un deles.

Pertenceu ao Radio do PCE de Cervantes (Lugo).

A comezos de 1946 foxe ao monte por mor da persecución policial en Baralla e agochouse con Hilario López Díaz en San Salvador de Larín, Láncara (Lugo); despois trasladáronse á casa da filla de Hilario en Céltigos, Santiago de Veiga, Sarria (Lugo). Ao pouco, David López Arias desprazouno a Verín (Ourense) con identidade falsa.

Procesárono en Lugo na causa 177/46 e, o día 15/04/1947, declarárono en rebeldía.

O día 25/07/1946, pasou a Portugal. Embarcou no Foz do Douro cara México e chegou a Veracruz o 28/12/1946. No apís americano adicouse ao comercio.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.