← Volver atrás

Aranguren Ponte, Juan

Perfil histórico: Represor

Datos persoais

Situación: Represor. Morte en combate

Nacemento:

lugar descoñecido
- 01/01/1905 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

El Puntal
(Guadalaxara)
- 02/04/1938 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Militar, 31 anos. Veciño da Coruña. Estudou na Academia de Infantería de Toledo. Combateu na Guerra de Marrocos. Tenente da Garda Civil. Fillo do xeneral da Garda Civil José Aranguren Roldán, fusilado polos golpistas en Barcelona.

No ano 1934 era xefe da Comandancia de Ribadeo e durante a folga xeral revolucionaria de outubro de 1934 participou na represión en Galicia e no Principado de Asturias.

Represor. Morte en combate.

Estaba na Coruña no ano 1936 e participou na conxura rebelde do 19 de abril de 1936 nesta cidade; castigárono co traslado fóra da Coruña.

Despois do golpe de Estado nomeárono comandante militar de Ribadeo, adicándose a reprimir a persoas republicanas e a xentes de ben da contorna, ás que prendeu, testemuñou na súa contra e lexitimou os paseos de, polo menos, oito persoas.

Contou para as súas maldades coa axuda, entre outras persoas, do brigada Pablo de la Puente Aguirre e do cabo Gumersindo Díaz Vázquez.

A súa saída de Ribadeo o día 30/10/1936 rematou cos paseos extraxudiciais.

Marchou voluntario á fronte de guerra, habilitado de capitán de Regulares Indíxenas de Tetuán nº 1 e do 267º Batallón de Cazadores de San Fernando; morreu en acción de combate.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha