← Volver atrás

Araujo Pérez, José

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Executado

Nacemento:

Vigo
(Pontevedra)
- 01/01/1903 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Vigo
- 21/10/1936 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Perito industrial, aparellador e político, 33 anos. Casou en decembro de 1930 con María del Pilar Alonso Villiato. Veciños da Barriada das Casas Baratas, San Roque, en Vigo. Cando morre o seu pai, no ano 1929, fíxose cargo da dirección da construtora familiar.

Militante das Xuventudes Socialistas Unificadas (XSU). Candidato polo PSOE pontevedrés nas eleccións de novembro de 1933, pero non o elixiron.

Formou parte do Comité Revolucionario de Vigo durante a folga xeral revolucionaria de outubro de 1934.

Executado.

Prendérono os franquistas despois do alzamento sedicioso.

Xulgado en consello de guerra en Vigo o día 13/10/1936 polo delito de rebelión militar, na causa 340/36, co resultado de sentenza á pena de morte.

Fusilado ás 16.30 h nas inmediacións do Monte do Castro, en Vigo.

Nese lugar e data fusilaron a: José Araujo Pérez, industrial; José Barcia Barcia, carpinteiro; Teodoro Barros Barros, tipógrafo; Delmiro Faro Pregal, xastre, e Antero González González.

Morte rexistrada en Vigo a causa de profusa hemorraxia interna.

En xullo de 1940 abríuselle un expediente de responsabilidades políticas na Coruña; indultárono no ano 1941.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha