← Volver atrás

Areán Rodríguez, Gumersindo

Alcume: Ave Negra
Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Exiliado. Encarcerado

Nacemento:

San Xiao de Pedroso, Rodeiro
(Pontevedra)
- 05/01/1898 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

México
- 01/01/1974 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Militar, 38 anos. Casou o 28/05/1926 con Amalia Carrillo Gutiérrez (andaluza); tiveron dous fillos e unha filla: José, Fernando e Marina. Músico na súa xuventude na banda de Moimenta, Lalín (Pontevedra). Destinado a Tetuán, na fronte de Marrocos, onde fixo unha longa traxectoria militar. Metrallador-bombardeiro e piloto desde outubro de 1927. En maio de 1928 ascendeu a suboficial piloto e en 1934 era alférez con destino en Sevilla.

Exiliado. Encarcerado.

Cando se produce o golpe de Estado mantívose fiel á República, era tenente de Infantería ao servizo da Aviación na Base Aérea de Cuatro Vientos (Madrid), participou como bombardeiro na defensa da capital. No ano 1937 acompañou a Rusia unha promoción de novos pilotos republicanos, dos que foi instrutor. En xaneiro de 1938, co grao de maior, era xefe do Grupo Mixto nº 72, de transporte e defensa de costas. Ascende a comandante e desenvolveu a xefatura dos aeródromos de Los Alcázares (Murcia) e La Zenia (Tarragona).

Rematada a guerra civil pasou a Francia en 1939, onde o ingresaron no campo de concentración de Argelès-sur-Mer. A mediados de 1939 pasou a Orán (Alxeria).

Os franquistas procesárono no ano 1940 polo delito de auxilio á rebelión, xuízo contra do persoal militar que loitara na aviación republicana, co resultado de declaración en paradoiro descoñecido.

En outubro de 1942, coa súa familia, a bordo do Nyassa, exiliáronse en México, chegando a ser un importante empresario de ferretería.

Nunca volvería a España.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha