← Volver atrás

Arellano Igea, José-María

Perfil histórico: Represor

Datos persoais

Situación: Represor

Nacemento:

Corella
(Navarra)
- 15/05/1885 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Madrid
- 26/05/1963 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Avogado, escritor e político, 51 anos. Casou con Dolores Uriarte Odriozola (vasca). Estudou Dereito en Oviedo e Salamanca.

Antirrepublicano. A finais de febreiro de 1931 destinárono como gobernador civil a Huelva e cesárono, pouco despois, coa proclamación da II República.

Represor.

Despois do triunfo do golpe militar pasou a ser gobernador xeral civil de Guipúscoa e Biscaia o día 03/10/1936; mantívose neste cargo ata o 13/06/1937. Supervisou a purga política nas provincias vascas.

Nomeárono gobernador civil da Coruña de xuño de 1937 ata decembro de 1937, na substitución de Francisco de la Rocha Riedel. Neste cargo chegou a ordenar que se retirara o seu “odiado nombre” de todos os documentos públicos, en referencia ao ex-presidente do Goberno Santiago Casares Quiroga.

Deixou o Goberno Civil da cidade herculina cando o nomearon director xeral de Rexistros e do Notariado en Madrid e substituíno como gobernador coruñés Julio Muñoz Rodríguez de Aguilar.

Vicepresidente da Deputación Foral de Navarra de 1949 a 1952.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha