Nacemento:
Morte:
Dependente, 30 anos. Casado con Josefa Ceide González. Veciños de Lugo. Dependente de comercio.
Membro da Sociedade Instrutiva de Dependentes de Comercio, vencellada á UXT, desde o 13/06/1934. Militante da Agrupación Socialista (AS) de Lugo desde o día 05/06/1931. Membro do Comité Nacional das Xuventudes Socialistas Unificadas (XSU) no ano 1936.
Encarcerado.
Acusárono de elemento activo, belixerante e destacado comunista. Tamén lle imputaron a realización de disparos desde o seu domicilio no momento do golpe sedicioso.
Ocultouse na casa do seu sogro en Santa Mariña de Torible, Lugo (Lugo), ata que o prenderon os represores nesta localidade, con outras persoas, o día 16/06/1938. Internárono na cadea o 18.
Xulgado en consello de guerra en Lugo polo delito de adhesión á rebelión o día 24/08/1938, na causa 466/38, co resultado de sentenza á pena de morte segundo resolución do día 13/11/1938.
Pena conmutada pola de cadea perpetua o día 22/09/1939 e, tempo andado, pola de 12 anos e un día de reclusión.
Interno na Prisión Provincial de Lugo, puxérono en liberdade condicional provisoria por orde do 11/11/1943, BOE nº 362 do 28/12/1943, e liberado de xeito definitivo o 08/09/1950.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.