← Volver atrás

Arias Jares, Juan-Manuel

Alcume: Bailarón
Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Depurado. Sancionado

Nacemento:

Viana do Bolo
(Ourense)
- 01/01/1890 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Viana do Bolo
(Ourense)
- 01/01/1971 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Médico e político, 46 anos. Casado. Estudou a carreira de Medicina na Universidade de Madrid, onde exerceu de xeito privado durante dous anos. Regresou a Viana do Bolo e traballou de médico de Asistencia Pública Domiciliaria (APD).

No ano 1931 participou na fundación da Agrupación Socialista (AS) da súa localidade natal e elixírono presidente. Militante da UXT.

Depurado. Sancionado.

Despois do golpe militar os rebeles sometérono a expediente de depuración, multa, incautación dos seus bens, cesamento no posto de traballo e desterrárono á Merca (Ourense) por sete meses.

Xulgado polo Tribunal Rexional de Responsabilidades Políticas da Coruña, no expediente 293/38, co resultado de sentenza de sobresemento.

Abríronlle un expediente de incautación de bens en Ourense.

No ano 1940 sometérono a un expediente de depuración político-social.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha