← Volver atrás

Armesto García, Alberto

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Fuxido. Encarcerado. Exiliado

Nacemento:

Maceda
(Ourense)
- 18/01/1920 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

lugar descoñecido

Biografía

Zapateiro e político, 16 anos.

No ano 1935 militaba nas Xuventudes Comunistas (XXCC) de Ourense e no 1936 era secretario de propaganda das Xuventudes Socialistas Unificadas (XSU).

Fuxido. Encarcerado. Exiliado.

Ferido nunha perna en Ourense nos sucesos que se desenvolveron ao inicio da sublevación golpista nesta capital. Despois foxe ao monte, á Serra do Invernadoiro, e prendeuno a Garda Civil o día 25/12/1936.

Xulgado en consello de guerra, o día 22/11/1937, co resultado de sentenza a 24 anos de prisión.

No ano 1939 atopábase na Prisión Provincial de Ourense, onde permanece ata 1943. Despois dun intento de fuga da prisión de Talavera de la Reina (Toledo), trasladárono ao Penal de Castigo do Coto, Xixón (Principado de Asturias).

Puxérono en liberdade condicional provisoria no penal de El Coto o día 22/11/1945, regresou a Ourense e ingresou no PSOE na clandestinidade.

Para que non o prenderan polas súas actividades políticas o 15/09/1947 consegue fuxir a Portugal; alí detéñeno e ingrésano no Forte de São Bruno de Caxías, Oeiras (Portugal) onde permanecía no ano 1948.

No mes de xuño de 1948 consegue permiso para marchar ao exilio para Guatemala, pasou a Venezuela e logo a Lima (Perú), onde acadou fama de adiviño.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha