← Volver atrás

Balboa García, Joaquín

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Exiliado. Encarcerado

Nacemento:

San Mamede de Estevesiños, Monterrei
(Ourense)
- 22/08/1908 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Verdún
(Francia)
- 23/05/1994 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Barbeiro, 27 anos. Casou con Julia; tiveron un fillo: Eladio, nado en 1930 (+1952). Membro dunha familia numerosa. Emigraron a Barcelona onde traballou de barbeiro.

Militante do PCE.

Exiliado. Encarcerado.

No desenvolvemento da guerra, no ano 1937, ingresou no Corpo de Carabineiros e combateu na fronte de Aragón.

Ao caer Cataluña pasou a Francia o día 03/02/1939 e confinárono no campo de internamento de Le Barcarès (Pireneos Orientais, Occitania, Francia). Logo integrárono na 209ª Compañía de Traballadores Españois e destinárono á fábrica de armas de Saint Florentin.

En agosto de 1940 préndeno os alemáns, encarcerárono en Chaumont (Francia), Bocholt e Bathorn (Alemaña) e o 26/02/1941 internárono no campo de Tréveris XII-D stalag XII-D (Renania-Palatinado, Alemaña). O día 03/04/1941 pasa ao campo de exterminio de Mauthausen (Austria), onde está a piques de morrer mentres carrexaba pedras na canteira; sálvase ao pasar a traballar de barbeiro. Trasladárono o 02/07/1943 ao campo de concentración da abadía de Sankt Lambrecht (Austria), onde o liberaron forzas inglesas o día 09/05/1945.

Regresa a Francia o día 29/06/1945 e traballou nunha granxa.

Volveu a Barcelona en febreiro de 1949 e, en 1975, regresou a Estevesiños coa súa dona.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha