Nacemento:
Morte:
Practicante e militar, 40 anos. Casado; tiveron dous fillos. Veciños de San Xurxo de Cereixo, A Estrada (Pontevedra). Practicante en buques mercantes.
Exiliado. Encarcerado.
Sorprendeuno o golpe dos sublevados embarcado en Barcelona e intégrase como voluntario no Exército Popular republicano onde exerceu de practicante militar provisional do Corpo de Sanidade Militar.
Ao rematar a guerra civil pasa a Francia o día 07/02/1939; ingresárono en diferentes campos de refuxiados e algún campo de traballo: Argelès-sur-Mer (Pireneos Orientais, Occitania, Francia), con ata 100.000 persoas á intemperie, Le Barcarès (Pireneos Orientais, Occitania, Francia), Saint-Cyprien (Pireneos Orientais, Occitania, Francia) e retorno a Argelès-sur-Mer.
En decembro de 1939 saíu nunha compañía de traballadores cara Normandía para construír unha vía de ferrocarril, que daría servizo a unha fábrica de avións.
Traballou en distintas profesións e en 1944 incorporouse á resistencia francesa contra dos nazis. Participou na Invasión do Val de Arán, que se desenvolvera do 19 ao 27 de outubro de 1944 e que sería un fracaso.
Enfermo de úlcera, despois dos feitos do Val de Arán, entregouse á Garda Civil en Castejón de Valdejasa (Zaragoza) e o 13/11/1944 intérnano na Prisión Provincial de Zaragoza.
Xulgárono en consello de guerra en Zaragoza polo delito de rebelión militar o día 19/05/1945, na causa 229/44, co resultado de sentenza a 12 anos de prisión.
Pasou polos penais de Zaragoza, San Miguel de los Reyes, Modelo, Cáceres, Yeserías e Talavera de la Reina.
Sae en liberdade en 1949 e volta para Cereixo.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.