← Volver atrás

Balius Pastor, Ángel

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Depurado. Encarcerado. Morte na cadea

Nacemento:

Madrid
(Madrid)
- 29/11/1896 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Celanova
(Ourense)
- 08/07/1943 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Funcionario, 29 anos. Solteiro. Veciño de Madrid. En abril de 1920 se figura no BOE como auxiliar de 1ª no escalafón do Ministerio de Instrución Pública e Belas Artes.

Militante de Esquerda Republicana (ER) en Madrid.

Depurado. Encarcerado. Morte na cadea.

Cando comeza a guerra civil atopábase en Donostia; pasou a Francia e, en agosto de 1936, xa estaba en Madrid. Logo da derrota republicana, pasou ao país galo desde Cataluña.

Prendérono os franquistas en Madrid no mes de xullo do ano 1939.

A orde da Vicepresidencia do Goberno do día 15/04/1939 dispuso a súa baixa definitiva como administrativo calculador no Instituto Xeográfico (BOE nº 108, 18/04/1939).

Xulgado no Tribunal Militar Territorial de Madrid, en consello de guerra sumarísimo, polo delito de adhesión á rebelión; a sentenza do día 28/10/1939 condenouno a 30 anos de reclusión maior.

A Comisión Central de Exame de Penas, comisión de Madrid, conmutou a súa pena ordinaria de 30 anos de cadea pola de 20 anos.

Ingresárono no cárcere de San Antón, en Madrid. A finais de decembro de 1939 trasladárono á Prisión Central de Burgos e ingresou na Prisión Central de Celanova o día 05/10/1940. Nesta cadea empregárono como mestre auxiliar.

En setembro do ano 1941 procesouno o Tribunal Especial para a Represión da Masonería e o Comunismo.

O día 23/06/1943 ingresou na enfermería da prisión de Celanova e finou días despois.

No rexistro da emfermería da cadea sitúase a súa morte no día 08/07/1943 por mor dunha insuficiencia mitral. O certificado de defunción, do día 10/04/1939, manifesta que finara o día anterior pola dita enfermidade.

O Libro de Defuncións do Rexistro Municipal de Celanova reflicte, como causa do seu pasamento, unha "insuficiencia mitral con estenose e edema agudo de pulmón inmediato".

Soterrárono no cemiterio de San Breixo, en Celanova.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha