Nacemento:
Morte:
Profesor universitario e médico, 34 anos. Casou en 1928 con Enma Tojo; tiveron catro fillos varóns: Luis, Rafael, Fernando e Ángel. Fillo do médico cirurxián Ángel Baltar Cortés (+1934) e irmán de Antonio Baltar Domínguez, exiliado e depurado. Estudou Medicina na Universidade de Santiago de Compostela (USC). Profesor auxiliar de Patoloxía Cirúrxica da Facultade de Medicina na USC. Desde 1928 exerceu de cirurxián no Hospital Real de Santiago e dirixiu o Sanatorio Baltar desde a morte do seu pai, de 1934 a 1963, e o Gran Hospital en 1940.
Era esquerdista da Fronte Popular (FP).
Vencellado ás loxas masónicas.
Sancionado. Encarcerado.
Durante a guerra civil mobilizárono os rebeldes e traballou de cirurxián na vangarda do exército sublevado, co grao de capitán médico.
Acusárono de cotizar para o Socorro Rojo Internacional (SRI), esquerdista, propagandista da FP, masón... Resultou sobresido grazas ás testemuñas que achegou.
En 1939 inhabilitárono a perpetuidade para exercer cargos directivos e de confianza.
Ao rematar a guerra continúa na docencia universitaria.
Deu apoio aos guerrilleiros e aos fuxidos no seu sanatorio. Entre outros doentes, atendeu no seu centro en marzo de 1945 a Benigno Andrade García, Foucellas.
Preso en Vigo (Pontevedra) en 1947 acusado de contribuír ao Socorro Rojo Internacional (SRI), xunto co tamén médico Ulpiano Villanueva Castro. Realmente relacionábanse coa Unión de Intelectuais Libres (UIL). Axiña os deixaron en liberdade.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.