← Volver atrás

Bao Maceiras, Elvira

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Encarcerada. Depurada

Nacemento:

A Coruña
- 20/05/1890 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

A Coruña
- 26/04/1971 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Mestra, 46 anos. Casou en 1923 con Bernardino Varela Docampo, mariño mercante e profesor; tiveron unha filla: Elvira. Veciños da Avenida de Rubine, na Coruña. Consegue o título de mestra na Escola Normal da Coruña en 1906; tiña 16 anos. Mestra en Redes, San Vicente de Caamouco, Ares (A Coruña) e no Sanatorio Marítimo de Oza, nas Colonias Escolares de 1920 a 1936; en 1936 nomeárona directora.

Militou nas Irmandades da Fala, das que exerceu como secretaria da xunta directiva en 1918.

Militante do Partido Galeguista (PG) e afiliada á Agrupación Republicana Feminina, da que en 1933 era presidenta da súa xunta directiva.

Encarcerada. Depurada.

Denunciárona por desafección ao novo Réxime.

Arrestárona na súa casa a primeiros de agosto de 1936 e pasou tres meses na Prisión Provincial da Coruña e cando saíu da cadea molestábana a diario os falanxistas. Consideraban que tivera amizades perigosas. Librou das sacas asasinas.

Separada definitivamente da ensinanza pública o día 13/08/1936 e xa non puido recuperar o seu posto de mestra.

Deixou a súa casa e viviu coa súa familia en San Roque de Afora, na Coruña. Montou unha escola privada, en 1945, onde traballou ata que quedou sen vista por un desprendemento de retina.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha