← Volver atrás

Barañano Castaños, Esteban-Policarpo

Alcume: Poli Barañano
Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Executado

Nacemento:

Sestao
(Biscaia)
- 28/11/1882 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Ferrol
(A Coruña)
- 29/08/1936 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Mariñeiro, 53 anos. Veciño de Sestao. Mariño mercante, capitán da Mariña Mercante no vapor Arriluze.

Executado.

O Arriluze facía a travesía de Cartagena a Bilbao cunha carga de material bélico para os republicanos; ao chegar as costas asturianas atacouno o cruceiro lixeiro rebelde Almirante Cervera e o seu capitán Poli Barañano decidiu embarrancalo en San Martín de Podes, Gozón (Principado de Asturias), preto do Cabo Negro.

Os veciños salvaron a tripulación e o alixo de armas; os rebeldes arrestaron ao capitán e ao xefe de máquinas, Antero Lújica-Lujua Mendieta.

Morte rexistrada en Ferrol a causa de ser pasado polas armas.

Con el fusilaron o maquinista naval do mesmo vapor Antero Lújica-Lujua Mendieta. Tamén procesaron por estes feitos o mariñeiro de Muros, Juan Saborido Riveiro, a quen absolveron no proceso.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha