← Volver atrás

Barreiro Barciela, Francisco

Alcume: Paco Barreiro
Perfil histórico: Guerrilleiro, Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Executado

Nacemento:

Vigo
(Pontevedra)
- 14/12/1911 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Madrid
- 21/01/1942 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Empregado e político, 24 anos. Casado; tiñan un fillo. Veciños de Vigo. Empregado de comercio.

Líder das Xuventudes Socialistas Unificadas (XSU) de Vigo, secretario xeral do PCE en Vigo e militante da UXT desde 1932.

Executado.

En xullo de 1936 e despois do golpe dos militares rebeldes foi dos primeiros en organizar as guerrillas comunistas antifranquistas nos montes de Galicia.

Xulgado en consello de guerra en Vigo polo delito de rebelión militar, na causa 1064/36, co resultado de sentenza de sobresemento provisorio.

No ano 1941 era secretario do PCE en Vigo, secretario de Axitación e Propaganda e membro da dirección central do partido, atopándose en Madrid a finais dese ano. Arrestárono na capital de España o día 26/10/1941 e internado no cárcere de Porlier, en Madrid.

Xulgado en consello de guerra en Madrid, o día 19/01/1942, co resultado de sentenza á pena de morte.

Interno na cadea de Porlier, en Madrid.

Fusilado nas tapias do Cemiterio del Este, en Madrid, con Isidoro Diéguez Dueñas (Puertollano, Ciudad Real), Jesús Larrañaga Churruca (Urretxu, Guipúscoa), Manuel Asarta Imaz (Donostia, Guipúscoa), Joaquín Valverde, Jesús Gago, Jaime Girabau Estévez (Sabadell, Barcelona), e Eladio Rodríguez González.

Soterrárono nunha fosa común en Madrid.

Na súa lembranza púxoselle o nome ao Destacamento Paco Barreiro da V Agrupación do Exército Guerrilleiro de Galicia (EGG).

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha