← Volver atrás

Barreiro Chamosa, José

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Encarcerado

Nacemento:

Chamosa, San Martiño de Forcarei, Forcarei
(Pontevedra)
- 01/01/1913 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

lugar descoñecido

Biografía

Canteiro, 26 anos. Solteiro. Veciño de Madrid. No ano 1934 marchou a Burgos como encargado da Compañía Ormaeche; en setembro de 1935 pasou cun contratista a Villarcayo de Merindad (Burgos) e, en marzo de 1936, a Madrid.

Durante a II República pertenceu á Sociedade de Oficios Varios La Polar, da UXT.

Encarcerado.

No decurso do golpe de Estado foi secretario do Comité de Defensa da República en Moralzarzal (Madrid) e, despois, ingresou nas Milicias Rojas de la Sierra como miliciano do exército leal. Ferido en combate, actuou como comisario dunha brigada republicana.

Rematada a contenda española e derrotada a República alistouse no Rexemento de Infantería Zaragoza nº 30 en Lugo o 30/05/1939.

Na capital luguesa iniciouse un procedemento para a súa cualificación e internárono na Prisión Provincial de Lugo o 14/09/1939. Trasladárono ao cárcere de Colmenar Viejo (Madrid) o 15/05/1940.

Xulgado no Tribunal Militar Territorial nº 1 de Madrid, na causa 59855/40, co resultado de sentenza de sobresemento segundo resolución do 21/06/1940.

Deixárono en liberdade en xullo de 1940 e volveu a Forcarei.

Cando se produce a caída do Comité Comarcal do PCE en Pontevedra en setembro de 1948 prendérono e acusárono de constituir o comité do PCE no Cachafeiro, Forcarei.

Xulgado en consello de guerra o día 30/03/1949 e condenado a un ano de prisión menor.

Cumpre a condena na cadea de Vigo (Pontevedra).

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha