← Volver atrás

Barreiro Paradela, Luis

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Depurado

Nacemento:

Santiago de Compostela
(A Coruña)
- 17/08/1902 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Madrid

Biografía

Mestre, xornalista, escritor, debuxante e militar, 33 anos. Veciño de Santiago de Compostela. Estudou Maxisterio na Escola Normal de Santiago de Compostela e rematou no ano 1920 e exerceu ata 1925. Alistouse como voluntario no Rexemento de Infantería Zaragoza nº 12 e acadou o grao de tenente en novembro de 1929.

Colaborou con Vida Gallega e El Pueblo Gallego.

Membro do Seminario de Estudos Galegos (SEG).

Depurado.

Despois do movemento sedicioso incorporouse ao exército rebelde como oficial de complemento.

Participou na defensa dos membros do Comité de Defensa da República da súa localidade e de varios republicanos de Vedra (A Coruña). Tamén defendeu a republicanos asturianos en novembro de 1937.

Depurado como mestre e separado de xeito definitivo do servizo en 1942.

Reingresou no maxisterio no ano 1966.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha