Nacemento:
Morte:
Militar, 22 anos. Solteiro. Veciño de Cartagena (Murcia). Ingresou na Armada en Ferrol no ano 1930. Condestable e telemetrista de 2ª clase desde decembro de 1934.
Militante do PSOE e da UXT.
Exiliado. Encarcerado.
No desenvolvemento da guerra civil exerceu de comisario político no cruceiro lixeiro Libertad e no destrutor Jorge Juan. O día 28/02/1938 trasladárono á Sección de Información e Operacións da Base Naval de Cartagena (Murcia).
Ao remate da contenda foxe coa armada republicana cara a Bizerta (Tunes) o 12/03/1939 no Aljibe nº 2, do que era xefe de artillería. Ingresárono no campo de concentración de Suzzoni, Boghar (Alxeria), no que permaneceu tres meses; logo estivo no campo de Morand-Boghari.
Pasou pola 2ª Compañía de Traballadores Estranxeiros desde xuño de 1940, internárono na cadea e tentou a fuxida en dúas ocasións. Logo ingresárono na 3ª Compañía de Traballadores Estranxeiros onde sofre un simulacro de fusilamento por mor das súas protestas. Deuse á fuga o 24/07/1941, prendérono o 22/02/1942 e condenárono a traballos forzados a perpetuidade; internárono na prisión de Lambèse, da que saíu en liberdade o 15/07/1943.
Xa en liberdade estableceuse en Orán (Alxeria) e, tempo andado, pasou a Francia.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.