Nacemento:
Morte:
Empregado, debuxante e político, 23 anos. Solteiro. Veciño de Ponteareas. Irmán de Manuel Bautista Alconero, Piruel, encarcerado, e de Dionisio Bautista Alconero, procesado. Futbolista. Facía caricaturas para as carteleiras do cine de Ponteareas.
Pertencía ás Xuventudes Socialistas Unificadas (XSU) e á UXT.
Encarcerado.
Despois do golpe dos militares rebeldes prendérono co seu irmán Manuel o día 21/07/1936.
Xulgado en consello de guerra en Pontevedra, o día 31/12/1937, polo delito de rebelión militar co resultado de sentenza á pena de morte.
Pena ordinaria conmutada catro días despois en Pontevedra pola de cadea perpetua.
Ingresado na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón, Redondela (Pontevedra), onde se adicou a facer caricaturas das persoas presas.
Consegue a liberdade en 1940 e instálase no Porriño, onde casa con Charo Hermida, á que coñecera durante a súa estadía na cadea.
Traballou en Zeltia e foi adestrador deportivo.
Procesárono no Tribunal Rexional de Responsabilidades Políticas da Coruña e indultárono no ano 1957.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.