Nacemento:
Morte:
Mestre, escritor e sindicalista, 31 anos. Casado; tiñan dous fillos. Trasladáronse a Verín (Ourense) despois da morte do seu pai. Estudou Maxisterio na Escola Normal de Ourense. En 1933 era mestre en Correchouso, San Pedro do Castro, Laza (Ourense).
Foi un dos que implantou a CNT en Verín no ano 1933, no detrimento da UXT. Formou parte da Asociación de Traballadores da Ensinanza de Ourense (ATEO), tamén militou na Federación Anarquista Ibérica (FAI) local.
Por mor da folga xeral revolucionaria de outubro de 1933 pasou dous meses na cadea por apoiar os carriláns (obreiros do ferrocarril). Como castigo trasladárono a Pidre, San Pedro de Solbeira, Xinzo de Limia (Ourense). No curso 1935/36 pasou a unha escola de San Mamede de Palmés, Ourense (Ourense).
Colaborou con Solidaridad Obrera.
Fuxido. Depurado. Exiliado. Encarcerado.
Cando se produce o golpe militar tentou opoñerse á sublevación; derrotados os republicanos botouse aos montes de Castro ce Beiro, en Ourense, canda a súa muller. Despois de agocharse en Ourense e Verín, na casa da súa nai, marchou a Portugal, ao Castelo de Chaves. Pasou un tempo preso no Forte de São Neutel, Chaves. Máis tarde embarcou en Lisboa cara Tarragona, onde chegou o día 13/10/1936. Combateu en Madrid e Ciudad Real nas liñas republicanas co grao de tenente de Artillería; incorporouse á Columna Roja y Negra e despois á Columna Ibéria en Valencia.
Destituírono como mestre en 1936 e en 1940 separárono de xeito definitivo do maxisterio por ser militante de ATEO.
Xulgado en consello de guerra en Ourense polo delito de rebelión militar, na causa 1365/36, co resultado de ser declarado fuxido e en rebeldía.
Desde Granollers (Barcelona) o día 09/02/1939 foxe a Francia por Le Perthus (Pireneos Orientais, Occitania, Francia); pasou polos campos de concentración de Argelès-sur-Mer (Pireneos Orientais, Occitania, Francia) e Brem-sur-Mer (Países do Loira, Francia).
Obrigado a alistarse nas compañías de traballo francesas, acabou preso na Alemaña nazi.
Ao rematar a II Guerra Mundial, estableceuse en Toulouse (Occitania, Francia), onde traballou de panadeiro, repartidor de xornais, prateiro e escribiu varios libros; tamén exerceu de profesor de lingua castelá.
En 1977 volveu a Cataluña e rehabilitárono como mestre.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.