Nacemento:
Morte:
Médico, 36 anos. Casado; tiveron sete fillos. Estudou Medicina en Valladolid e acadou o título no ano 1926. Exerceu de médico en Málaga e, logo, en Aldeanueva de Guadalaxara, onde preside o Partido Comunista na localidade. Secretario do Colexio de Médicos de Guadalaxara e inspector municipal de Sanidade.
Encarcerado.
Cando comeza a guerra civil alistouse na Sanidade republicana no Batallón Rosemberg e acadou o grao de capitán médico. Prendérono os franquistas.
Xulgado en consello de guerra polo delito de auxilio á rebelión e condenado á pena de morte, conmutada por mor das amizades pola de doce anos e un día.
Internado na prisión de Guadalaxara e trasladado a Camposancos, A Guarda (Pontevedra) en 1940. A finais de 1941 pasárono á cadea de Santa Isabel, Santiago de Compostela (A Coruña). Nas prisións prestou servizos médicos.
Por mor das amizades en 1945 sae do cárcere en liberdade condicional e desterrárono a Cortegada de Baños (Ourense). En Cortegada exerceu como médico libre por sete anos; tamén pasou Castrelo de Miño (1951-1954) e Ribadavia (de 1954 ata a xubilación).
Mantivo contactos coa guerrilla antifranquista a pesares da presión policial que exerceron sobre da súa persoa.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.