← Volver atrás

Bello Sierra, Julio

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Paseado

Nacemento:

Carucedo
(León)
- 01/01/1898 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Ribas de Sil
(Lugo)
- 31/10/1936 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Obreiro ferroviario, 38 anos. Casado con Isabel Arias Arias; tiñan catro fillos de curta idade. Veciños de San Miguel de Montefurado, Quiroga (Lugo) desde 1935. Obreiro de vías e obras da Compañía de los Caminos de Hierro del Norte (Ferrocarrís do Norte). Encargado do cuidade de vías.

Non tiña filiación sindical ou política coñecida.

Paseado.

O día 31/10/1936 tres falanxistas de Carracedelo e Toral de los Vados (León) chamaron á porta da súa vivenda dicindo que o tiñan que levar a declarar a Quiroga. Pouco despois de saír da casa pegáronlle un tiro e tirárono ao río Sil.

O seu cadáver apareceu o día 20/11/1936 vinte quilómetros máis abaixo do lugar onde ocorreron os feitos, nas Covas, Santiago de Ambas Mestas, Quiroga.

Soterrárono no cemiterio de As Covas.

Pola súa morte iniciouse a causa 1374/36; o xuíz de Quiroga decretou que Julio era contrario ao Movimiento, non se buscou aos responsables do seu asasinato e ditou o sobresemento provisorio o día 29/04/1937.

No informe policial indícase que era “un inimigo do movemento patriótico militar iniciado en xullo último”.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha