Nacemento:
Morte:
Mariño e político, 56 anos. Casado con Concepción Canto Lourido; tiveron tres fillas e un fillo: Elcira, Esther, Concepción e Antonio. Veciños de Riotorto. Piloto da Mariña Mercante. Irmán de Eugenio Bermúdez Leivas, encarcerado.
Alcalde de Riotorto no ano 1917 e en marzo de 1930. Concelleiro no ano 1931 e alcalde desde o día 24/06/1936 por Esquerda Republicana (ER), na coalición da Fronte Popular (FP).
Encarcerado. Sancionado.
Despois do alzamento militar cesárono como alcalde o 25 de xullo.
Prendérono os franquistas, ingresárono no depósito de Mondoñedo (Lugo) o día 20/08/1936 e trasladado á Prisión Provincial de Lugo.
Xulgado en consello de guerra en Lugo o día 07/05/1937 polo delito de rebelión militar, na causa 321/37, co resultado de sentenza a cadea perpetua segundo resolución do 19/05/1937. Proceso contra varios veciños de Riotorto.
Neste proceso condenaron a cadea perpetua aos irmáns Antonio Bermúdez Leivas e Eugenio Bermúdez Leivas, e a 15 anos a Ramón Iglesias Valiña.
Pena ordinaria conmutada pola comisión de exame de penas de Lugo.
Interno na Prisión Provincial de Lugo, publicaron a súa liberdade condicional no BOE nº 167 do día 16/06/1941.
Abríronlle un expediente por responsabilidades políticas e sancionárono.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.