← Volver atrás

Berreteaga Lázaro, Teófilo

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Encarcerado. Exiliado.

Nacemento:

Lutxana, Erandio
(Biscaia)
- 01/01/1904 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Yvelines, Isla de Francia
(Francia)
- 31/10/1980 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Mineiro, electricista, 32 anos. Casado. Veciños de San Salvador del Valle, Trápaga (Biscaia).

Afiliado da Agrupación Socialista (AS) de La Arboleda e de San Salvador del Valle. Militante da UXT desde 1932.

Participou na folga xeral revolucionria de outubro de 1934.

Encarcerado. Exiliado.

Miliciano do exército republicano, acadou o grao de tenente na 4ª Compañía do 1º Batallón Fulgencio Mateos do exército de Euskadi. Loitou nas frontes de Araba, Biscaia, Cantabria e Principado de Asturias.

Entregouse ao exército rebelde no ano 1937 en Cangas de Onís (Principado de Asturias).

Xulgado en consello de guerra polo delito de auxilio á rebelión co resultado de sentenza a 20 anos de reclusión.

Pasou polo campo de concentración de La Magdalena, Santander (Cantabria); cárcere de Bilbao (Biscaia); Prisión Central de Burgos; Prisión Central de Astorga (León) e polo cárcere de Ariza (Zaragoza).

Pena ordinaria conmutada na Comisión Provincial de Exame de Penas de Bilbao pola de seis anos e seis meses de prisión.

Internárono na Prisión Provincial de Lugo o 16/11/1939 e deixárono en prisión atenuada o 31/12/1941. Publicaron a súa liberdade condicional provisoria no BOE nº 7 do día 07/01/1942 e desterrárono nese mes de xaneiro a Miranda de Ebro (Burgos).

Procesárono no Tribunal Nacional de Responsabilidades Políticas e indultárono en 1941.

No mes de decembro de 1943 prendérono de novo e acusárono de suposta participación nunha organización clandestina do PCE.

Co tempo pasou a Francia e finou na Clínica Maisons-Laffitte, en Yvelines.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha