Nacemento:
Morte:
Tiña 26 anos. Veciño da Illa de Arousa (Pontevedra).
Membro da Agrupación Socialista (AS) da Illa de Arousa.
Encarcerado. Paseado.
Cando se produce o golpe dos militares sublevados foi un dos dirixentes na Illa para facer fronte aos rebeldes e participou na requisa de armas.
Detido polos fascistas e encarcerado en Vilagarcía de Arousa (Pontevedra).
Xulgado en consello de guerra en Pontevedra o día 03/03/1937 polo delito de rebelión militar, na causa 836/36, co resultado de sentenza á pena de morte.
No mesmo xuízo condenaron á pena de morte ao seu veciño Narciso Suárez Lojo.
Ingresado na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón, Redondela (Pontevedra), de onde o sacaron para darlle o paseo; o seu cadáver apareceu nunha beirarrúa.
Morte rexistrada en Pontevedra por mor dun colapso cardíaco por fusilamento. Executado con Narciso Suárez Lojo.
Soterrárono no cemiterio municipal de Pontevedra.
Procesárono no Tribunal Rexional de Responsabilidades Políticas da Coruña e indultárono no 1941 e no 1960.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.