Nacemento:
Morte:
Canteiro, 38 anos. Veciño do Couto, San Martiño de Picoña, Salceda de Caselas.
Paseado.
Cando se produce o golpe militar algúns veciños, entre eles os canteiros Benito Antonio Cabaleiro, Gabriel Besteiro Rodríguez, Ángel Cabaleiro e Manuel Domínguez, subiron nunha camioneta para acudir na defensa de Vigo (Pontevedra) fronte aos sublevados. Cando souberon que todo se perdera por coñecer a publicación dos bandos de guerra, deron volta antes de chegar a Vigo. Escaparon ao monte.
O cura da parroquia obtivo datos das visitas encubertas dos canteiros aos seus familiares e prendéronos aos catro.
Morte rexistrada en San Salvador de Budiño, O Porriño, cos outros tres compañeiros, na estrada de Salceda-O Porriño e a causa de hemorraxia traumática interna e externa.
O seu cadáver apareceu no lugar de Gándaras, Budiño, na estrada O Porriño-Tui.
Soterrárono nunha fosa común no cemiterio de San Salvador de Budiño cos tres canteiros antes sinalados.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.