← Volver atrás

Biempica Omaña, Arturo

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Executado

Nacemento:

Irún
(Guipúscoa)
- 01/01/1901 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Tui
(Pontevedra)
- 02/07/1938 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Axente comercial, 35 anos. Veciño de Xixón (Principado de Asturias).

Militante de Esquerda Republicana (ER). Secretario da Federación de Viaxantes e Axentes de Comercio e da Industria de Xixón, da UXT.

Participou na Revolución de Asturias de outubro de 1934.

Executado.

Nomeárono axente de Investigación e Vixilancia. No decurso da guerra civil loitou como miliciano no exército republicano na fronte asturiana e acadou o grao de tenente habilitado do 229º Batallón de Infantería Máximo Gorki da 3ª Brigada Mixta, 1ª División do III Corpo de Exército de Asturias.

Tamén foi vogal xurado do Tribunal Popular de Xustiza de Xixón.

Prendérono os rebeldes o día 20/10/1937 cando trataba de abandonar Xixón a bordo do vapor Mont Seny. Internárono no campo de concentración de Camposancos, A Guarda (Pontevedra).

Xulgado en consello de guerra sumarísimo en Camposancos polo Tribunal Militar Permanente nº 1 de Xixón, o día 15/06/1938, co resultado de sentenza á pena de morte.

Fusilárono en Tui.

Tamén o procesaron por masón.

Angunhas fontes reflicten o segundo apelido como Omaya.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha