Nacemento:
Morte:
Médico e político, 48 anos. Viúvo. Veciño de Manzaneda (Ourense). Emigrou aos Estados Unidos en 1906 e declarou que alí se fixo médico, na Universidade de Filadelfia. Médico en Manzaneda, no ano 1920 denunciouno o Colexio de Médicos de Ourense por exercer a medicina sen a debida titulación.
Alcalde de Manzaneda no ano 1936 pola Fronte Popular (FP).
Encarcerado. Exiliado.
Despois de que se producira o golpe militar foxe pero detivérono os sublevados en Ourense o día 05/08/1937.
Ingresou na Prisión do Partido de Tolosa (Guipúscoa) o 30/07/1938 e trasladárono á Prisión Provincial de Donostia o 11/11/1938.
Intercambiárono por presos golpistas o 22/11/1938 e pasou á zona leal.
Ao rematar a contenda nacional exiliouse en Perpignan (Francia).
No ano 1940 casou no país veciño con Ladislaa Olagüe Goñi.
En novembro de 1941 abríronlle un expediente por responsabilidades políticas no Tribunal Rexional de Responsabilidades Políticas da Coruña.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.