← Volver atrás

Bóveda Formigo, José

Alcume: Pepe Bóveda
Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Encarcerado

Nacemento:

San Paio de Ventosela, Ribadavia
(Ourense)
- 01/01/1912 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

San Paio de Ventosela
- 16/07/2007 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Labrego, sindicalista e político 24 anos. Casou en 1957 con Pilar Feijoo Montenegro. Veciños de Ventosela.

A comezos da II República foi un dos fundadores da Sociedade de Labregos de Val de Pereira, Ribadavia e uniuse á CNT da comarca do Ribeiro. Republicano.

Encarcerado.

Cando se produce o golpe dos militares sublevados involucrouse no intento de asalto ao cuartel da Garda Civil en Ribadavia.

Xulgado en consello de guerra en Ourense polo delito de rebelión militar, na causa 933/36, co resultado de sentenza a cadea perpetua.

Para saber das persoas e sentenzas ditadas neste procedemento consultar a ficha de Rodrigo Alonso Álvarez.

Preso no mosteiro de Celanova (Ourense).

O día 14/07/1937 trasladárono ao penal do Forte de San Cristóbal, Pamplona (Navarra), onde foi un dos líderes da organización da tentativa de fuxida masiva desta prisión do día 22/05/1938; detivérono os requetés o día 24 e condenárono a 17 anos máis de encadeamento.

Obtivo a prisión atenuada o día 02/09/1940 e puxérono en liberdade en 1945, ano no que volve á súa localidade natal de Ribadavia, despois dunha revisión da condena.

Procesárono no Tribunal Rexional de Responsabilidades Políticas da Coruña e indultárono no ano 1958.

Por mor da presión dos seus veciños franquistas, tivo que emigrar a Barcelona no ano 1947. Volveu a Ribadavia despois da súa xubilación.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha