Nacemento:
Morte:
Funcionario e político, 44 anos. Casado con Jovita García Dapena. Veciños de Cerdedo e tesoureiro municipal deste concello. Irmán de Sabino Bugallo Valiñas, exiliado.
No ano 1931 militaba no Partido Republicano Radical Socialista (PRRS), sendo concelleiro e tesoureiro. Posteriormente integrouse na Agrupación Socialista (AS), onde exercía de contador da directiva en xaneiro de 1935.
Fuxido. Exiliado. Encarcerado. Sancionado.
Cando se produce o golpe militar participou na requisa de armas para facer fronte aos sublevados.
Detivérono os golpistas con Manuel Garrido, o Negro; José Torres Paz e José Cortizo González; trasladáronos a Pontevedra.
Ingresado na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón, Redondela (Pontevedra).
Severino salvouse de ser paseado grazas á intervención do seu cuñado Vicente García Dapena, Vicente da Carteira, xefe de Falanxe de Soutelo de Montes, Santa María Madanela de Montes, Forcarei (Pontevedra), que o reclamou da comandancia e meteuno nunha fonda.
Despois agachouse na igrexa da Madanela, en Soutelo, en Limeres, pola Chamadoira e polo Monte do Seixo.
En maio de 1938 o gobernador civil de Pontevedra sancionouno cunha multa de 500 pesetas.
Co seu irmán Sabino e desde Vilagarcía de Arousa (Pontevedra), embarcaron e fuxiron a Cuba. Severino pasou despois aos Estados Unidos, de onde volve coas Brigadas Internacionais á zona republicana.
Ao remate da guerra civil escapou para Francia e internárono no campo de concentración de Argelès-sur-Mer (Pireneos Orientais, Occitania, Francia). Foxe deste campo e vai cara Burdeos (Nova Aquitania, Francia) para participar na resistencia contra os nazis alemáns.
Detido polos nazis no ano 1941, deportárono a España e rematou ingresado catro anos no campo de concentración de Villaverde (Madrid), nas cocheiras de Vigo (Pontevedra) e na factoría Astillero Barreras, entre outros lugares de detención.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.