← Volver atrás

Burgos Ramos, Frutos

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Fuxido. Exiliado. Depurado

Nacemento:

Casla
(Segovia)
- 29/12/1899 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Higüey, La Altagracia
(República Dominicana)
- 29/03/1976 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Mestre e político, 37 anos. Casou en Santa María de Paraños o día 29/12/1927 con Luisa Costa Sampedro; tiñan dous fillos e dúas fillas: Frutos, Juan, María-Libertad e Hortensia. Xa era mestre con 17 anos. Exerceu o Maxisterio en varios pobos de Segovia. Mestre en 1927 en Santa María de Paraños, Covelo (Pontevedra). En 1931 destinárono a Gáldar (Illas Canarias) e en agosto de 1933 a Santiago de Pantín, Valdoviño (A Coruña), onde exerce ata 1936.

Formou parte da directiva da Federación Española de Traballadores da Ensinanza, da UXT (FETE-UXT).

Ao proclamarse a II República presidiu a Comisión Xestora de Covelo. Concelleiro e alcalde de Valdoviño na corporación de febreiro de 1936 por Esquerda Republicana (ER), na coalición da Fronte Popular (FP); desenvolvía este cargo cando se produce o golpe de Estado de xullo.

Tiña como compañeiros na Corporación de Valdoviño en 1936, entre outras persoas, a: Reinaldo Sarria Delgado, asasinado; José Ambrós Gordillo, asasinado; Joaquín Pérez Garre, fuxido; José López González, procesado; Albino Dopico Gutiérrez, asasinado; José-Antonio Dopico Rodríguez, sancionado; Ramón Naveiras Soto, sancionado.

Fuxido. Exiliado. Depurado.

Despois da sublevación militar deu a orde da requisa de armas; con posterioridade foxe ao monte, agochouse un tempo en Pontevedra e logo fuxiu a Portugal.

Xulgado consello de guerra en Ferrol (A Coruña) o día 04/12/1936 polo delito de auxilio á rebelión, na causa 368/36, co resultado de ser declarado fuxido e en rebeldía.

Neste xuízo condenaron á pena de 12 anos e un día de prisión a: Manuel Díaz Lagoa, José López Beceiro, José Méndez Montero, Francisco Rivera Bouza e Bernardino Rodríguez Quintiá; tamén condenaron á cadea a Andrés Vergara Bacorell e declararon fuxido a Frutos Burgos Ramos. Aparecen ademais nos autos: José Ambrós Gordillo e Manuel López González.

Exiliado en Portugal, Francia e logo na República Dominicana; chegou a Puerto Plata o día 16/05/1940 no buque La Salle. Traballou nas Destilerías Brugal.

Separado do servizo e dado de baixa na escala de mestres en 1940.

A súa muller e os seus fillos, maltratados polos fascistas, fóronse para Covelo de onde era a súa dona.

Ao seu pai ingresárono os franquistas nun campo de concentración en Segovia.

O día 28/04/1948 declarouno morto o xuíz do xulgado de Primeira Instancia nº 2 de Vigo por non terse noticias del desde 1936.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.