← Volver atrás

Caamaño García, Casto

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Procesado. Sancionado. Depurado

Nacemento:

Cee
(A Coruña)
- 01/01/1881 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

A Coruña
- 28/07/1951 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Industrial e político, 55 anos. Casado con Teresa Rial. Veciños de Cee. Traballaba na fábrica de Carburos Metálicos de Brens, Cee, e rexentaba unha taberna no número 23 da praza da Constitución (antes praza principal) en Cee; nesta taberna tamén se situaba o Salón Paris de cinema que funcionaba desde 1928.

Dirixente da Alianza Republicana (AR) de Cee, afiliouse ao PSOE na II República e elixírono concelleiro nas eleccións de maio de 1931. Coa renuncia a alcaldía de Segundo Trillo Durán en xuño de 1932, nomeárono alcalde da localidade, permanecendo no cargo ata que renunciou o 16/09/1933. En xullo de 1936 era 2º tenente de alcalde polo PSOE, sendo alcalde Juan Bugeiro Pérez, de Unión Republicana (UR).

Tiña, como compañeiro na corporación, entre outras persoas, a Jesús Chouza Figueiras, executado.

Procesado. Sancionado. Depurado.

Cando se produce o golpe militar, os folguistas de Cee, que defendían á República, propuxérono como alcalde na substitución de Juan Bugeiro, que entendían que non defendía os intereses republicanos.

Apresárono despois do golpe de Estado.

Inculpado nunha causa militar na Coruña polo delito de rebelión militar co resultado sentenza de sobresemento.

Sancionado cunha multa de 1000 pesetas, acusado de “desafección al Glorioso Movimiento”.

Xulgado en consello de guerra na Coruña polo delito de rebelión militar co resultado de sentenza de sobresemento e multa de 10.000 pesetas.

Para facer fronte a estas sancións vendeu a casa onde tiña a taberna e o cine por 19.000 pesetas a cobrar nun prazo de cinco anos.

En abril de 1941 volveu ser sancionado, esta vez polo Tribunal Rexional de Responsabilidades Políticas da Coruña, con seis anos de inhabilitación especial para o desempeño de cargos públicos e o pago doutras 250 pesetas.

Perseguido, depurado do seu posto de traballo na fábrica de Brens e arruinado polo espolio dos franquistas, trasladouse á Coruña onde traballou repartindo carbón e onde morreu.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.