← Volver atrás

Cabezas Canteli, Juan-Antonio

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Encarcerado

Nacemento:

Peruyes, Margolles, Cangas de Onís
(Principado de Asturias)
- 16/03/1900 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Madrid
(Madrid)
- 10/12/1993 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Xornalista, 36 anos. Casou coa asturiana Julia Moro González (finada en novembro de 1936); tiveron dous fillos e unha filla: Octavio, María-Nieves e Juan-Vicente. Aos 16 anos emigrou a Cuba.

Redactor e director de El Carbayón, redactor xefe do xornal socialista Avance (1936/1937), redactor e colaborador de El Sol, corresponsal de América Literary Agency...

Encarcerado.

Os franquistas prendérono o día 20/10/1937, despois da caída da Fronte Norte, no vapor Mont Seny. Trasladárono ao campo de concentración de Cedeira (A Coruña) no que pasou dez meses.

En agosto de 1938 internárono no campo de concentración de Camposancos, A Guarda (Pontevedra).

Xulgouno en Camposancos en consello de guerra, o día 19/10/1938, o Tribunal Permanente nº 1 de Xixón con outras doce persoas e condenárono á pena de morte.

Pena de morte conmutada o día 16/05/1942 por non ter delitos de sangue e grazas á intervención de varios xesuitas.

Indultárono no ano 1944 despois de pasar tamén polas cadeas de Vitoria e Porlier e Yeserías (estas dúas últimas en Madrid).

Estando en Yeserías, viúvo, casou coa curmán e afillada da súa anterior dona, Julia-Rosa García González; tiveron dous fillos.

Xa fóra da prisión colaborou cos xornais ABC, Pueblo, Ya e Alcázar.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha