← Volver atrás

Caeiro Casal, José

Alcume: Pepito
Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Fuxido. Encarcerado

Nacemento:

Marín
(Pontevedra)
- 01/01/1908 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

lugar descoñecido

Biografía

Mariñeiro, 28 anos. Casado. Veciño de Marín. Irmán de Ignacio Caeiro Casal, tamén encarcerado.

Afiliado á Alianza Marinera de Marín, vencellada á UXT.

Fuxido. Encarcerado.

Foxe á zona republicana en marzo de 1937 nunha das fugas organizadas desde Vigo-Bouzas (Pontevedra); escapou con outros 11 mariñeiros cenetistas. José fixo de maquinista do barco Emilia Márquez, que os asaltantes desviaron ao porto de Bilbao (Biscaia).

Consta que o día 16/04/1937 era miliciano dun batallón internacional e en maio dese ano estaba na Columna Durruti, logo militarizada como unha brigada mixta da 26ª División do XI Corpo de Exército do Exército do Este. Nos meses de maio e xuño dese ano combateu na fronte de Bilbao, ferírono e trasladárono ao hospital. En setembro de 1937 está na fronte de Cangas de Onís (Principado de Asturias).

Cando en outubro cae a fronte asturiana tenta fuxir por mar no vapor Gaviota, que rematou capturado polos franquistas.

Xulgado en consello de guerra en Camposancos, A Guarda (Pontevedra) o día 08/06/1938 polo delito de auxilio á rebelión e co resultado de sentenza a 15 anos de prisión.

Preso en Redondela e Figueirido, ambas na provincia de Pontevedra.

Interno na Prisión Central de Figueirido, publicaron a súa liberdade condicional no BOE nº 287 do día 14/10/1941.

Procesárono no Tribunal Rexional de Responsabilidades Políticas da Coruña e indultárono no ano 1960.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha