← Volver atrás

Caldera Manzano, Jacinto

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Depurado. Sancionado

Nacemento:

Cáceres
- 12/09/1898 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

lugar descoñecido

Biografía

Mestre e político, 37 anos. Veciño de Vilar, San Amedio de Millarada, Forcarei (Pontevedra). Estudou Maxisterio na Escola Normal de Salamanca. En agosto de 1927 destinárono a Vilar como mestre nacional.

Presidente da Sociedade Labrega Parroquial de Millarada. Membro da Asociación de Traballadores da Ensinanza de Vigo (ATEV). En marzo de 1934 nomeárono delegado de Federación de Traballadores da Ensinanza, da UXT (FETE-UXT) de Forcarei.

Colaborou en El Adelanto de Salamanca. Fundou en Forcarei a revista literaria Alborear.

Depurado. Sancionado.

Abríronlle un expediente, entre outras cousas, semella que polas críticas ao mestre-cura de Meaño (Pontevedra) despois das eleccións de febreiro de 1936.

Suspendido de emprego e soldo durante dous meses, castigárono co traslado de escola dentro da provincia en febreiro de 1938 e destinárono en marzo á escola de San Salvador de Escuadro, Silleda (Pontevedra).

Inhabilitado para cargos públicos e de confianza.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha