← Volver atrás

Calderón Pérez, Pedro

Alcume: Pedro do Mazo
Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Encarcerado

Nacemento:

Sestao
(Biscaia)
- 01/01/1908 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

lugar descoñecido

Biografía

Comerciante, 28 anos. Casou con María González; tiñan unha filla. Veciños do Mazo, San Martiño de Neira de Rei, Baralla (Lugo).

Encarcerado.

Despois do golpe de Estado os rebeldes requisáronlle un coche da súa propiedade e mobilizárono no Rexemento de Infantería Zaragoza nº 30, en Lugo; co tempo destinárono ao Parque de Automóbiles da Coruña.

Prendérono en febreiro de 1946 e internárono o día 12/02/1946 na Prisión Provincial de Lugo. Nos interrogatorios, baixo tortura, recoñeceu que captaran como militante de Unión Nacional Española (UNE), que aceptara ser membro do Comité do Radio do PCE en Baralla... Diante do xuíz non se ratifica e manifesta que as declaracións prestaras baixo tortura. O 09/03/1946 trasladárono á Prisión Provincial da Coruña.

Xulgado en consello de guerra na Coruña polo delito de rebelión militar, na causa 75/46, co resultado de sentenza a un ano de cadea.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha