← Volver atrás

Calvo Martín, Teodoro

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Encarcerado

Nacemento:

Esguevillas de Esgueva
(Valladolid)
- 01/01/1902 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

lugar descoñecido

Biografía

Electricista, 34 anos. Solteiro. Veciño de Esguevillas de Esgueva.

Encarcerado.

Os franquistas cualificárono como destacado extremista do marxismo. Segundo unha delación tiña no seu poder unha escopeta e unha pistola; no posterior rexistro non atoparon as ditas armas no seu domicilio e Teodoro confesou que tirara unha escopeta no río, que se atopou no lgar que el sinalara.

Internárono na Prisión Provincial de Valladolid o 23/08/1936.

Xulgado en consello de guerra, o día 05/09/1936, no Xulgado Militar nº 9 de Valladolid polo delito de tenencia de armas e auxilio á rebelión militar, na causa 476/36, co resultado de sentenza a 15 anos de reclusión menor e inhabilitación absoluta; a sentenza acadou firmeza o 19/09/1936.

Conducírono á Prisión Central de Burgos o 20/01/1937, trasladárono desta cadea á Prisión Central de Astorga (León) o 22/0/11/1938. Con posteriroridade, o día 16/11/1939, internárono na Prisión Provincial de Lugo a disposición da Dirección Xeral de Prisións.

Nesta cadea luguesa dixárono en prisión atenuada no seu domicilio de Esguevillas  o día 31/08/1940, coa obriga de presentarse ás autoridades cada certo tempo.

Pena ordinaria conmutada pola Comisión Provincial de Exame de Penas de Valladolid,  día 04/10/1943 pola de catro anos de prisión menor.

A súa pena extinguírona o 13/12/1943 e proporcionáronlle un certificado de liberación definitiva que asinou o director da Prisión Provincial de Lugo.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha