← Volver atrás

Caño Soto, Gregorio

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Paseado

Nacemento:

A Coruña
- 01/01/1902 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Oleiros
(A Coruña)
- 09/08/1936 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Fontaneiro, viaxante, 34 anos. Casado. Veciños da rúa Primeiro de Maio, 4-2º, na Coruña; en 1936 residían na rúa Porta de Aires, 10-2º, na cidade herculina. Representante de comercio e empregado da Fábrica de Gas da Coruña.

Dirixente do Sindicato de Empregados de Comercio, Oficina e Banca, da CNT. Socio do Casino Republicano coruñés.

Era un home controvertido que non era ben aceptado nin pola esquerda obreirista nin polos republicanos burgueses. Tamén militou nas Xuventudes de Esquerda Republicana (XER).

Paseado.

Despois do triunfo da sublevación militar xa o tiña fichado a policía represora e considerábano comunista; prendérono na súa casa.

Morte rexistrada a causa dunha hemorraxia interna.

O seu cadáver apareceu en Oleiros. Unha das primeiras persoas paseadas na Coruña. Inscrito no rexistro de defuncións o día 12/08/1936.

Soterrárono o día 12 de agosto nunha fosa común no cemiterio de San Amaro, na Coruña.

No informe da Policía Armada aparece manuscrita unha cruz a lapis, o que indica que morrera. Tamén consta indicada unha D (detido).

Ábrese a causa 522/36 na Coruña por mor do seu pasamento.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha