Nacemento:
Morte:
Empregado, 28 anos. Veciño de Ribadeo. Traballaba no Hospital de Ribadeo.
Encarcerado. Paseado.
Ingresado no depósito de Ribadeo o día 26/07/1936.
Xulgado en consello de guerra en Lugo polo delito de sedición militar, na causa 630/36, co resultado de sentenza de sobresemento provisorio segundo resolución do 30/08/1936. Acusado polas testemuñas de incitar aos soldados para rebelarse contra os seus mandos golpistas.
Puxérono en liberdade o día 31/08/1936, sacárono da cadea para pasealo.
Ao día seguinte de saír da cadea do depósito municipal de Ribadeo asasinárono nun suposto intento de escapar dos falanxistas que o conducían ao depósito de Vegadeo (Principado de Asturias) e na aplicación da Lei de Fugas.
Morte rexistrada en Ribadeo por mor dunha hemorraxia producida por disparo de arma de fogo.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.