Nacemento:
Morte:
Escritor e armador. Veciño de Caranga. O seu irmán Aladino Canteli Álvarez, alcalde republicano de Proaza, finou fusilado polos golpistas.
En outubro de 1934, no decorrer da folga xeral revolucionaria, participou no asalto ao cuartel da Garda Civil de Bárzana, Quirós (Principado de Asturias). Prendérono e pasou un ano na cadea.
Militante da Agrupación Socialista (AS) de Proaza e membro do Sindicato Mineiro do Principado de Asturias.
Encarcerado.
O día 12/09/1936 incorporouse como miliciano republicano no 244º Batallón Asturias. Prendérono as tropas rebeldes.
Xulgado en consello de guerra en Oviedo (Principado de Asturias) co resultado de sentenza a pena de morte.
Cando se aproximaba a data da súa execución simulou un intento de suicidio e, grazas ao apoio de varias amizades das dereitas, conseguíu a conmutación da pena.
Pena de morte conmutada na Comisión Provincial de Exame de Penas de Oviedo.
Os franquistas internárono na Prisión Provincial de Lugo o día 08/03/1937 e, o seguinte día 13, conducírono á Prisión Provincial da Coruña. Publicaron a súa liberdade condicional provisoria no BOE nº 281 do 08/10/1943.
Os empregos, as concesións e moitas das propiedades da súa familia pasaron a mans de afectos ao novo réxime.
Publicou a obra Protagonista y testigo. El alto precio de las ideas políticas.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.