← Volver atrás

Cao Cortiñas, José-Faustino

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Fuxido. Encarcerado

Nacemento:

Narón
(A Coruña)
- 25/10/1909 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

lugar descoñecido

Biografía

Practicante e político, 26 anos. Veciño da rúa Campón, 8, en Ferrol (A Coruña). Formouse como practicante no Hospital Provincial de Santiago de Compostela (A Coruña) e en 1926 obtivo o título oficial na Universidade de Santiago de Compostela (USC). En 1927 marchou para a República Arxentina.

Director do semanario Renovación.

Afiliado ao Partido Federal Republicano (PFR) en Ferrol de 1932 a 1934. Militou despois en Unión Republicana (UR). Co tempo fundou o Partido Sindicalista en Ferrol.

Fuxido. Encarcerado.

Foxe despois do alzamento e mantívose agochado.

Xulgado en consello de guerra en Ferrol polo delito de sedición (causa instruída contra o persoal do semanario Renovación) co resultado de ser declarado fuxido e en rebeldía.

Preséntase ás novas autoridades en novembro do ano 1945.

Xulgárono polo delito de rebelión militar co resultado de sentenza a 20 anos de prisión.

Indultárono en outubro de 1946.

Participou na reorganización da CNT na clandestinidade en Ferrol, prendérono en marzo de 1947 e castigárono a un ano de cadea.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha